ACLUXEGA en Colaboración coa Escola de Grao da EE
de Minas e Enerxía da UVigo, lanza o “CURSO DE INICIACIÓN
ÁS INSTALACIÓNS XEOTÉRMICAS DE CLIMATIZACIÓN CON BOMBA DE CALOR”
Trátase dun curso de carácter técnico
sobre instalacións de climatización xeotérmica de baixa entalpía mediante o emprego da tecnoloxía de bomba de calor e supón unha acción formativa de gran
interese para profesionais tanto do sector da Climatización das Enerxías
Renovables como para estudantes de titulacións técnicas que teñan interese en
complementar a súa formación netas áreas.
O obxectivo do curso céntrase no coñecemento técnico e específico de
todos os aspectos da xeotermia somera e na capacitación para o deseño do proceso de instalacións xeotérmicas con bomba de calor.
O obxectivo do curso céntrase no coñecemento técnico e específico de todos os aspectos da xeotermia somera e na capacitación para o deseño do proceso de instalacións xeotérmicas con bomba de calor.
Información do Curso
Nome: Iniciación as Instalacións Xeotérmicas de Climatización con Bomba de Calor.
Modalidade: Presencial
Período de Docencia: Venres 5 Outubro a Sábado 6 de Outubro.
Duración: 15 horas.
Obxectivo: Adquirir coñecementos básicos sobre xeotermia e instalacións xeotérmicas.
Lugar de Celebración: Aula de Grao da EE de Minas e Enerxía da UVigo.
Entidade organizadora
ACLUXEGA – Asociación Clúster da Xeotermia Galega.
Entidade financeira e colaboradora
INEGA – Instituto da Enerxía de Galicia e a EE de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo.
Profesorado do Curso
Enrique Orche García: Catedrático da ETSE. de Minas da Universidade de Vigo.
Lucía Novelle Varela: Enxeñeira de Minas – Consultora e Socia Fundadora de INGEO (NOVELLE & FERNANDEZ)
Alfredo Fernández Pérez: Enxeñeiro de Montes – Consultor e Socio fundador de INGEO (NOVELLE & FERNÁNDEZ INGENIERÍA S.L.)
Manuel Eusebio Vázquez Alfaya: Enxeñeiro Industrial – Profesor Titular da Universidade de Vigo. Máster en Enerxía e Sustentabilidade.
Cristobal Rodríguez Alonso: Enxeñeiro Industrial – Desenrolo de proxectos en Enerxías renovables en NOVAGAL Ingeniería y Renovables.
David Novoa Rodríguez: Enxeñeiro de Minas en Enerxía e Enxeñeiro Técnico Forestal. Experto Xeotermia e estudios Xeotécnicos.
Manuel López Portela: Presidente de ACLUXEGA e CEO de ENETRES.
Juan Rodríguez Fernández Arroyo: Director de ENERGYLAB.
Destinatarios/as
- Profesionais interesados en adquirir coñecementos xerais sobre xeotermia e Instalacións xeotérmicas de Climatización con Bomba de Calor.
- Estudantes universitarios de carreiras técnicas.
- Público interesado en xeral.
Inscrición
Coste da inscrición: 30€. O pago do mesmo xestionarase a través de ACLUXEGA. (oficina@acluxega.es)
Para mas información ou inscrición no curso, póñase en contacto con nós: oficina@acluxega.es
No hay comentarios:
Publicar un comentario